jueves, 24 de diciembre de 2015

1º TRIMESTRE

NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE, OS CONTIDOS TRABALLADOS FORON:

  • MATERIA E CAMBIO: masa, volume, flexibilidade, dureza, elasticidade, forzas a distancia e forzas de contacto (deformación, rotura), magnetismo e gravidade. 
  • MÁQUINAS E TECNOLOXÍA: planos inclinados, palanca, rodillos, rodas e poleas; eixes, engranaxes e cadeas. 
En cada unha das clases, os nenos tiveron que experimentar, co seu propio corpo ou con outros materiais, cada un destes contidos.

Exercicios nos que experimentamos:
Flexibilidade, qué músculos son mais flexibles ou elásticos?
Quen é mais forte? en que punto do obxecto temos que aplicar a forza para movelo mais facilmente?
Como é mais fácil mover unha colchoneta, de pé ou tirada no chan? por que? coas mans ou con rodillos debaixo dela?
Construir unha polea.
Levantar un obxecto cunha polea, como é mais fácil co obxecto preto do medio ou no extremo?
Facemos unha cadea humana e movemos un obecto con ela.

















sábado, 19 de septiembre de 2015

MAIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA EN TIRÁN

NESTE BLOG RECOLLEREMOS ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FACEMOS NA ASIGNATURA DE LIBRE CONFIGURACIÓN DE 4º.

ESTA MATERIA SURXE COA IDEA DE PROMOVER HÁBITOS DE VIDA ACTIVA E SAUDABLE PARTINDO DOS CONTIDOS CURRICULARES DA MATERIA DE CIENCIAS NATURAIS.